Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 14 de decembro de 1998 Páx. 13.336

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 1998 pola que se convoca concurso con procedemento aberto e tramitación urxente para a contratación da submistración de mobiliario e tapicería con destino a 17 dormitorios do Pazo de Mariñán. (Expediente 98/10561 da Sección de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de mobiliario e tapicería con destino a 17 dormitorios do Pazo de Mariñán.

Lugar de execución: Pazo de Mariñán.

Prazo de execución: 45 días.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 9.736.112 pesetas, que se desagrega en dous lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de cadanseu lote.

Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: prazo: 13 días naturais desde o seguinte ó da última publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 3 de decembro de 1998.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

11218