Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 14 de decembro de 1998 Páx. 13.334

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GUITIRIZ

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria celebrada o día 15 de outubro de 1998, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización do parque empresarial de Guitiriz.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, logo da comunicación a esta corporación, e sen prexuízo do exercicio de calquera outro recurso que se considere procedente.

Guitiriz, 17 de novembro de 1998.

María José Vázquez Lorenzo

Alcaldesa

11250