O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:
Obxecto: adquisición de material de aseo e limpeza.
Orzamento: 18.061.752 ptas.
Garantía provisional: 361.235 ptas.
Lote 1: esponxa enxaboada.
Orzamento: 5.016.000 ptas.
Garantía provisional: 100.320 ptas.
Lote 2: xabón Cirúrx. Desinf. 500 cc.
Orzamento: 1.311.898 ptas.
Garantía provisional: 26.238 ptas.
Lote 3: xabón líquido 1 litro.
Orzamento: 1.856.400 ptas.
Garantía provisional: 37.128 ptas.
Lote 4: xabón lavamáns.
Orzamento: 1.545.600 ptas.
Garantía provisional: 30.912 ptas.
Lote 5: rasuradora dun só uso.
Orzamento: 1.036.800 ptas.
Garantía provisional: 20.736 ptas.
Lote 6: cueiros infatís.
Orzamento: 3.699.854 ptas.
Garantía provisional: 73.997 ptas.
Lote 7: cueiros adulto.
Orzamento: 3.595.200 ptas.
Garantía provisional: 71.904 ptas.
Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto. Tramitación anticipada.
Prazo de entrega: segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións, calendario de entregas, e se é o caso, a partir dos 15 días seguintes á sinatura do contrato.
Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.
Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
Criterios de adxudicación:
Oferta económica: 60%.
Calidade dos artigos: 20%.
Servicio técnico da subministración: 20%.
Total: 100%.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio do Hotel de Pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006-A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.
Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.
Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa do Hotel de Pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxuducatario do contrato.
A Coruña, 23 de novembro de 1998.
Jesús Caramés Bouzán
Director-xerente do Complexo Hospitalario Juan
Canalejo-Marítimo Oza da Coruña
11186