Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 14 de decembro de 1998 Páx. 13.328

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 11 de novembro de 1998, da área provincial da Coruña, pola que se lles dá audiencia ós herdeiros de Carmen Iglesias López, titular da vivenda conta 1552 do expediente C-2-CD/1968.

Co fin de dar cumprimento á sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 24 de setembro de 1998, e de conformidade co establecido nos artigos 58, 59 e 84 da lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a quen teña interese e lexítimo sobre a vivenda identificada como Expte. C-2-CD/1968, conta nº 1552 do polígono de Caranza de Ferrol, da que era titular Carmen Iglesias López, finada o 21 de outubro de 1993, co fin de que compareza en trámite de audiencia perante esta xefatura provincial-sita na r/ Salvador de Madariaga, s/n, 9ª planta da Coruña, teléfono 981 18 48 20, no prazo de quince días contados desde a publicación deste anuncio, para que alegue por escrito canto considere procedente.

Pasado o dito prazo terase por realizado o devandito trámite. Expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 11 de novembro de 1998.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da área provincial da Coruña

10629