Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 14 de decembro de 1998 Páx. 13.321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 11 de novembro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Savón.

Visto o expediente incoado por Mª Carmen Novas Castro, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominado Savón, outorgado pola orde ministerial do 30-4-1969 , situado na cuadrícula nº 57, do polígono E do Grove, rematando a concesión o 16-6-1999, e do que eran titulares Evaristo Novas Domínguez e Mª Luisa Castro Pérez.

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e 10.1º do Decreto 406/1996, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de Últimas Vontades, a escritura notarial do testamento de Evaristo Novas Domínguez, e a documentación acreditativa da presentación ó pagamento do imposto de sucesións e doazóns, esta consellería accedeu ó solicitado e declara titulares da concesión administrativa e da batea da que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Mª Carmen Novas Castro (35.430.189) e Mª Luisa Castro Pérez (35.351.425).

As novas titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas dos anteriores, así como quedan obrigadas a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 11 de novembro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG 134/10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo

10711