Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 14 de decembro de 1998 Páx. 13.318

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/253-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avenida de García Borbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. Follente.

Situación: Caldas de Reis.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 56 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un apoio s/n da L.M.T. tibo 802 rematando no C.T. que se proxecta en Follente, concello de Caldas de Reis. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 20 Kv-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 20 de outubro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

10871