Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 14 de decembro de 1998 Páx. 13.316

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/244-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: avenida de García Borbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. Avenida de Ourense, 16.

Situación: Cangas.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 166 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. CAN 803 ata o C.T. que se proxecta na avenida Ourense 16, rematando na mesma liña, concello de Cangas. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 13 de outubro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

10520