Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 14 de decembro de 1998 Páx. 13.315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/242-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: avenida de García Borbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Corrigatos II.

Situación: Lalín.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea núa, a 20 kV, de 408 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde un apoio da L.M.T. derivación ó C.T. de Corrigatos, rematando no C.T. que se proxecta en Corrigatos II, concello de Lalín. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 33 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 13 de outubro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

10519