Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 14 de decembro de 1998 Páx. 13.308

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 1998 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de expresión gráfica na enxeñería, do departamento de Deseño na Enxeñería, a José Carlos Troncoso Saracho (praza 113/1997).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 5 de decembro de 1997 (BOE do 19 de decembro) para a provisión dunha praza de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de expresión gráfica na enxeñería, do departamento de Deseño na Enxeñería, a prol de José Carlos Troncoso Saracho, con documento nacional de identidade número 35.556.983 e cumprindo o interesado os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Carlos Troncoso Saracho profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de expresión gráfica na

enxeñería, do departamento de Deseño na Enxeñería.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 16 de novembro de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

10833