Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 14 de decembro de 1998 Páx. 13.307

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1998 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de psicobioloxía, do departamento de Psicoloxía, a Juan Ramón Lamas González.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade de 1 de outubro de 1997 (BOE do 25 de outubro), para a provisión da praza número 97/045 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de psicobioloxía, departamento de Psicoloxía desta universidade, a favor de Juan Ramón Lamas González, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o número 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 de la Ley 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Juan Ramón

Lamas González profesor titular de universidade da área de coñecemento de psicobioloxía, do departamento de Psicoloxía desta universidade.

A Coruña, 18 de novembro de 1998.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

10823