Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 11 de decembro de 1998 Páx. 13.286

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación para la Defensa y Promoción de Funcionarios Veterinarios Interinos en la Xunta de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depo

sitados acta de constitución e estatutos da Asociación para la Defensa y Promoción de Funcionarios Veterinarios Interinos en la Xunta de Galicia que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán ser membros da asociación tódolos licenciados en veterinaria que exerzan funcións como veterinarios interinos no ámbito da Administración pública galega.

Asinan a acta de constitución: Carmen Morera García e catro persoas máis.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 1998.

María José Cimacevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

10894