En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación de Hortofruticultores do Salnés que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: para pertencer á dita asociación requírese ser persoa física ou xurídica relacionada coa producción agrícola, incluso a de carácter ecolóxico, ter residencia habitual ou intereses agrícolas no ámbito da asociación e non formar parte doutras asociacións no mesmo ámbito territorial e de igual actividade.
Asinan a acta de constitución: José Antonio Vázquez Abal e sete persoas máis.
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 1998.
María José Cimadevila Cea
Directora xeral de Relacións Laborais
10892