O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25-9-1990), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude
RESOLVO:
Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles contados a partir da publicación desta resolución, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de concesión de explotación da canteira denominada A Costa nº 2618, situada en terreos do concello de Tui, provincias de Pontevedra, e solicitado por Coigrasa.
Para os efectos informativos porase á disposición dos administrativos que o solicten un exemplar deste para consultar nas oficinas desta dirección xeral así como nas dependencias da delegación provincial de Industria correspondente e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.
Santiago de Compostela, 27 de outubro de 1998.
Joaquín del Moral Crespo
Director xeral de Industria
10490