Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 11 de decembro de 1998 Páx. 13.253

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

DECRETO 352/1998, do 27 de novembro, polo que se modifica o Decreto 55/1989, do 5 de abril, polo que se aproba a revisión do mapa sanitario de Galicia.

A unidade de Atención Primaria vén configurada na normativa sanitaria galega como a estructura mínima organizativa para a prestación de servicios de atención primaria en cada municipio.

O Decreto 200/1993, do 29 de xullo, de ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu artigo 2 que en cada municipio de Galicia existirá polo menos unha unidade de atención primaria.

Dado que o ámbito municipal serve como base para a planificación e xestión dos distintos servicios ofrecidos no primer nivel de atención sanitaria, defínese unha nova estructura que agrupa as referidas unidades de atención primaria, e que será punto de referencia das actuacións sanitarias levadas a cabo polo Servicio Galego de Saúde.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintesete de novembro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo único.-Engádese un artigo 2 ó Decreto 55/1989, do 5 de abril, polo que se aproba a revisión do mapa sanitario de Galicia, coa seguinte redacción:

«Son unidades básicas de atención primaria cada unha das demarcacións municipais nas que se ordena o territorio da Comunidade Autónoma galega».

Disposición adicional

Deixan de ser zonas de saúde de atención primaria aquelas que, conforme o Decreto 55/1989, estiveran integradas por un só municipio.

Santiago de Compostela, vintesete de novembro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

10932