Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 10 de decembro de 1998 Páx. 13.241

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/198-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Castelaus-Golpellás-Pintás.

Situación: Calvos de Randín e Muíños.

Descricións técnicas: 5 L.M.T. aéreas a 20 kV en conductor tipo LA-56. (1ª): de 1.344 metros, con orixe no apoio nº 27 da L.M.T. Farnadeiros-Calvos e remate na L.M.T. Pintás-Vila. (2ª): de 2.899 metros, con orixe no apoio nº 10 da L.M.T. proxect. Lobás-Pintás e remate en apoio nº 30 da L.M.T. a C.T. de Vila. (3ª): de 627 metros, con orixe en apoio nº 20 da L.M.T. proxect. Lobás-Pintás e remate no C.T. aéreo existente de Golpellás. (4ª): de 2.045 metros, con orixe en apoio sen numerar da L.M.T. existente ó C.T. aéreo de Vila e remate no C.T. aéreo proxect. con 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Castelaus. (5ª): de 1.178 metros, con orixe en apoio nº 36 da L.M.T. a C.T. Vila e remate no C.T. aéreo proxect. con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Pintás. 3 R.B.T. aéreas de 465, 1.165 e 860 metros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 6 de novembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

11062