Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Orros.
Situación: O Irixo.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 188 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe nun apoio da L.M.T. As Laxas e remate no C.T. aéreo proxectado con 50 KVA, r/t 20.000/380-220 V de Orros. R.B.T. aérea do C.T. de Orros de 525 metros en conductor R.Z.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran
nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Ourense, 5 de novembro de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
10386