Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 10 de decembro de 1998 Páx. 13.218

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (143/1998).

En providencia da data, dictada polo maxistrado-xuíz deste xulgado, no xuízo verbal de faltas 143/1998, que se segue por amenazas, cítase a Francisco Barga Pais para que o próximo día once de decembro, ás once horas, compareza ante a sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena, s/n, polígono das Fontiñas desta cidade, co obxecto de asistir á celebración do dito xuízo, en calidade de denunciado, baixo apercibimento de que se non o verifica nin alega xusta causa para deixar de facelo,

poderá ser multado conforme a lei recaerán sobre el os prexuízos ós que haxa lugar en dereito, podendo se é parte ser asistido por avogado e debendo acudir ó xuízo coas probas de que intente valerse. E para que así conste e sirva de citación en forma a Francisco Barga Pais en paradoiro descoñecido.

Expido a presente cédula en Santiago de Compostela o un de decembro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado e selado

11205