Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 10 de decembro de 1998 Páx. 13.217

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1998 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de máquinas e motores térmicos, do departamento de Enxeñería Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos, a José Luis Míguez Tabarés (praza 96/1997).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 5 de novembro de 1997 (BOE do 6 de decembro) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de máquinas e motores térmicos, do departamento de Enxeñería Mecáncia, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos, a prol de José Luis Míguez Tabarés, con documento nacio

nal de identidade número 36.048.666, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Luis Míguez Tabarés profesor titular de universidade da área de coñecemento de máquinas e motores térmicos, do departamento de Enxeñería Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOE.

Vigo, 12 de novembro de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

10565