Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 10 de decembro de 1998 Páx. 13.217

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1998 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de álxebra, do departamento de Matemáticas, a María Carmen Quinteiro Sandomingo (praza 118/1997).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 19 de decembro de 1997 (BOE do 19 de xaneiro de 1998) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de álxebra, do departamento de Matemáticas, a prol de María Carmen Quinteiro Sandomigo, con documento nacional de identidade número 32.807.944, e cumprindo a interesada os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Carmen Quinteiro Sandomingo profesora titular de universidade da área de coñecemento de álxebra, do departamento de Matemáticas.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOE.

Vigo, 12 de novembro de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

10624