Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 09 de decembro de 1998 Páx. 13.149

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1998, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa expediente para a declaración de ben de interese cultural con categoría de monumento a favor do cemiterio de San Francisco no concello de Ourense.

Considerando o disposto polo artigo 9.1º da Lei 8/1995, de 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, respecto da posibilidade de iniciación de expediente de declaración de ben de interese cultural por instancia de parte por calquera persoa física ou xurídica.

Considerando as numerosas peticións formuladas por diversas asociacións e particulares a favor de declaración do cemiterio de San Francisco de Ourense como ben de interese cultural.

En consecuencia, vistos os informes dos servicios técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, e órganos consultivos da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, en materia de bens de interese cultural, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Incoar expediente para a declaración de ben de interese cultural con categoría de monumento a favor do cemiterio de San Francisco no concello de Ourense.

Segundo.-Delimita-la zona afectada pola citada incoación de xeito que se especifica literal e graficamente nos anexos I e II da presente resolución.

Terceiro.-Notifica-la presente resolución ó concello, ó rexistro xeral de Bens de Interese Cultural

do Estado, ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, e demais interesados.

Cuarto.-Por tratarse dun ben inmoble, e de conformidade co artigo 35 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, quedan en suspenso as correspondentes licencias municipais de parcelación, edificación ou demolición nas zonas afectadas, así como os efectos das xa outorgadas. A suspensión dependerá da resolución ou caducidade do expediente incoado.

As obras que, por causa de forza maior, interese xeral ou urxencia, debesen realizarse con carácter inaprazable, precisarán, en todo caso, autorización dos organismos competentes da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Quinto.-A presente resolución será publicada no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, abríndose un período de información pública de l mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 novembro de l998.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral de Patrimonio Cultural

ANEXO I

Comeza a delimitación no punto 1 sito na rúa Emilia Pardo Bazán e continúa pola rúa Pena Trevinca ata o primeiro inmoble. Logo adéntrase no cuarteirón 40790 e sae á rúa Coto Novelle, quedando incluídas as edificacións nº 2, 4, 6 e 8 da rúa da Granxa. Continúa pola rúa Serra de Queixa e adéntrase agora no cuarteirón 40782 para saír de novo á rúa da Granxa, onde se atopa o punto 2, incluíndo as edificacións nº 1 da rúa Serra da Queixa e nº 10 da rúa da Granxa.

A delimitación transcorre paralela á rúa Juan de la Coba Gómez, e incluíndo unha franxa de edificación de 16 metros de fondo, sae á rúa da Canle onde se atopa o punto 3.

Do punto 3 ó punto 4 a delimitación coincide co eixe da rúa da Canle ata o vértice NE do cemiterio.

Do punto 4 ó punto 1 a delimitación coincide co muro que separa o cemiterio do antigo cuartel de San Francisco e sae á rúa Emilia Pardo Bazán, incluíndo na delimitación a antiga capela da Terceira Orde.

10785