Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,
sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Sestelo y Cía, S.A.
Domicilio social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.
Denominación: L.M.T. Ponteareas-Angoares.
Situación: Ponteareas.
Descricións técnicas: L.M.T., aéreo-subterránea, a 20 kV, de 350 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor 95 mm, desde o centro de distribución de San Roque ata a zona da depuradora de Ponteareas, onde se converte en aérea e de doble circuíto, de 947 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios metálicos, rematando un circuíto na L.M.T. existente a Angoares e o outro na L.M.T. de circunvalación, concello de Ponteareas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 3 de novembro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
10368