Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 04 de decembro de 1998 Páx. 13.109

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (89/1996).

Por acordalo así a xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous do partido, nos autos arriba expresados, seguidos por instancia de María Eva Couto Varela, representada polo procurador Santiago Pazos Torrado (de oficio), emprázase a José Ramón Regueira Barbeito, con DNI/CIF domiciliado en Estramil (Laracha) e Ministerio Fiscal, con DNI/CIF domiciliado na Coruña, co fin de que no prazo de vinte días compareza nos expresados autos, asistido de avogado e representado por procurador e que conteste a demanda, formulando, se é o caso, reconvención, prevíndoo de que, de non o verificar, continuará o xuízo na súa rebeldía.

E para que conste e lle sirva de emprazamento en forma ó demandado, José Ramón Regueira Barbeito, expido e asino este edicto en Carballo o nove de novembro de mil novecentos noventa e oito.

A xuíza

Rubricado

A secretaria

Rubricado

11040