Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 03 de decembro de 1998 Páx. 13.032

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

ASOCIACIÓN GRUPO LOCAL DE DESENVOLVEMENTO RURAL DO PARQUE NATURAL DO COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN.

ANUNCIO de licitación.

A Asociación Grupo Local de Desenvolvemento Rural do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, entidade responsable do desenvolvemento do programa Proder da Unión Europea no Concello de Ribeira (A Coruña) somete a licitación, polo sistema de procedemento aberto e concurso, en trámite de urxencia, o seguinte contrato:

Obxecto: dinamización do Proder: programa de divulgación de ideas.

Tipo de licitación: 3.000.000 de ptas., (IVE incluído).

Prazo de execución: 6 meses.

Presentación de plicas:

-Lugar: Casa da Costa-O Vilar-Carreira.

-Prazo: 13 días naturais desde a publicación deste anuncio no DOG.

O prego de condicións obxecto do contrato está a disposición dos interesados no domicilio social do Grupo Local (Casa da Costa-O Vilar-Carreira), de luns a venres en horas de oficina. Teléfono: 981 87 79 87.

Ribeira, 23 de novembro de 1998.

Juan Luis Callón Cameán

Xerente