Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 03 de decembro de 1998 Páx. 13.031

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO.

O Pleno, en sesión do 13 de novembro de 1998, aprobou os pregos de condicións para a contratación por poxa da limpeza dos seguintes colexios de EXB:

1. Colexio de Souto de Vea con polideportivo e escolas unitarias de San Xiao de Vea, Santa Cristina de Vea, Santeles e Ribeira: 2.650.000 ptas. anuais.

2. Colexio de Codeseda con polideportivo e escolas unitarias de Montillón, Nigoi, Tabeirós, A Somoza, Vinseiro e Guimarei: 2.549.980 ptas. anuais.

3. Colexio do Foxo e polideportivo: 2.112.420 ptas. anuais.

4. Colexio de Figueroa e polideportivo: 2.200.056 ptas. anuais.

As proposicións económicas presentaranse por separado para cada un dos colexios, sendo independente a adxudicación de cada un deles. Presentación de plicas: as plicas presentaranse na Secretaría Xeral do Concello, de nove a trece horas, durante os vinteseis días naturais seguintes á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A apertura terá lugar o día seguinte ás doce horas. De ser sábado ou inhábil calquera destes días, tras

ladaríase o acto ó primeiro día hábil seguinte. As ofertas presentaranse en dous sobres; un deles levará a inscrición «Documentación para tomar parte na poxa da limpeza de colexios»; este sobre será común para tódolos colexios.

Segundo sobre: conterá a oferta económica, e será independente para cada colexio; terá a seguinte inscrición: «Oferta económica para limpeza do colexio de...».

Documentación para o primeiro sobre: documentos xustificativos da personalidade; se é empresa, o poder estará verificado polo secretario do concello. Documentos xustificativos de dispoñer dunha organización con elementos materiais e persoais suficientes. Declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar dos artigos 15 a 20 da Lei de contratos das administracións públicas. Xustificante de ter constituída fianza provisional. Certificación de estar ó día nas obrigas tributarias e da Seguridade Social.

No segundo sobre: incluirase a oferta económica segundo o seguinte modelo de proposición: D/Da....., veciño/a de....., con enderezo en....., en nome propio (ou en representación de.....), informado/a do anuncio para a realización do servicio de limpeza no colexio de....., e aceptando as responsabilidades e obrigas que impoñen as condicións sinaladas para o efecto, comprométese a executalas pola cantidade de..... (en letra) pesetas, IVE incluído. (Data e sinatura do propoñente).

O empresario queda obrigado con respecto ó persoal que empregue, ó cumprimento das disposicións vixentes, así como a contrata-lo persoal que, tendo dereito a iso, estivese traballando nos centros que se adxudican.

Os pregos de condicións íntegros poderán obterse na secretaría xeral.

A Estrada, 18 de novembro de 1998.

O alcalde

Rubricado

10474