Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 03 de decembro de 1998 Páx. 13.029

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1998 pola que se anuncia concurso público para a contratación dun seguro de asistencia sanitaria para o persoal do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación dun seguro de asistencia sanitaria para o persoal do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado 16-baixo,

15701 Santiago de Compostela. Tfno.: 981 54 11 01. Fax: 981 59 04 67.

b) Número de expediente: C.P. nº 16/98.

2. Obxecto do contrato: seguro de asistencia sanitaria para o persoal do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

a) O concurso desagrégase nos seguintes lotes:

Lote 1: asistenica sanitaria persoal convenio.

Lote 2: asistencia odontolóxica persoal convenio.

Lote 3: asistencia sanitaria persoal directivo.

Lote 4: asistencia odontolóxica persoal directivo.

b) Prazo de execución: un ano prorrogable por iguais períodos anuais ata un máximo de cinco anos máis, logo de acordo das partes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 7.249.000 ptas., IVE incluído, distribuído do seguinte xeito:

Lote 1: 5.400.000 ptas.

Lote 2: 700.000 ptas.

Lote 3: 1.056.000 ptas.

Lote 4: 93.000 ptas.

5. Garantías:

Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación do lote ou lotes ós que se licite.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: r/ Frei Rosendo Salvado, 16-baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 59 04 67.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do décimo terceiro día seguinte á publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, o prazo entenderase prorrogado ata ás catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: en acto público ás 10 horas do oitavo día hábil, que non coincida en sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito en c/ Frei Rosendo Salvado, 16, Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 1998.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

10982