Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 02 de decembro de 1998 Páx. 12.935

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do plan especial de mellora do núcleo 06.05 Monte da Falcoa (Castrelos). (Expediente 4577/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 31 de xullo de 1998, acordou aprobar inicialmente o plan especial de mellora do núcleo 06.05 Monte da Falcoa, na parroquia de Castrelos, redactado polos arquitectos Estévez García, Falagan Mota e Dona Felipe Flores.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia.

Signifícase que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 11 de novembro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

10943