A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (Área Sur), en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:
Expediente: 2/99 S.
Obxecto: contratación dos servicios de limpeza das dependencias onde se sitúa o Centro de Saúde de Ponteareas.
Orzamento: 6.950.000 pesetas anuais, (IVE incluído).
Expediente: 3/99 S.
Obxecto: contratación dos servicios de limpeza das dependencias onde se sitúa o Centro de Saúde de Panxón.
Orzamento: 3.600.000 pesetas anuais, (IVE incluído).
Expediente: 4/99 S.
Obxecto: contratación dos servicios de limpeza das dependencias onde se sitúa o Centro de Saúde de Beiramar.
Orzamento: 9.500.000 pesetas anuais, (IVE incluído).
1. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31-12-1999. Sen prexuízo disto, o contrato poderá prorrogarse por acordo expreso das partes antes do seu remate e por períodos anuais sen que a súa duración total, engadidas as prórrogas, poida excedar de seis anos.
2. Fianzas:
a) Provisional: non se esixe.
b) Definitiva: será do 4% do orzamento de licitación.
3. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.
4. Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.
5. Solvencia técnica: acreditarase mediante calquera dos medios establecidos no artigo 19 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.
6. Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula décima do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o presente concurso.
7. Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares pode ser solicitado na Xerencia de Atención Primaria, rúa México 26-1ª planta 36204 Vigo, teléfono 986 81 64 66, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.
8. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta Xerencia de Atención Primaria (rúa México, 26-4ª, 36204 Vigo), antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
9. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, rúa de México 26-6ª planta de Vigo, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
10. Documentación que deberán presenta-los licitadores: a sinalada no punto oito do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Anuncios: o pagamento dos anuncios dos presentes concursos será por conta dos adxudicatarios.
Pontevedra, 19 de novembro de 1998.
Alberto García Pazos
Director xerente de Atención Primaria
de Pontevedra-Vigo
10961