Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 02 de decembro de 1998 Páx. 12.928

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 20 de outubro de 1998, da Área de Servicios Sociais da provincia da Coruña, polo que se lles require documentación ós beneficiarios de pensións non contributivas da Seguridade Social relacionados no anexo. (Expediente 1350/I/92 e outros).

No uso da competencia sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, atribuída na disposición adicional décimo oitava do R.D. lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social (BOE do 29-6-1994) e no artigo 21 do R.D. 357/1991, do 15 de marzo (BOE do 21-3-1991), a falta dos datos necesarios para proceder á tramitación na fase de revisión dos expedientes que a continuación se relacionan, ó teren sido devoltas polo servicio de correos as peticións de documentación enviadas no seu día e, en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27-11-1992), requírese os abaixo citados para que no prazo de 10 días, contados desde o seguinte á data de publicación deste edicto, comparezan, persoalmente ou debidamente representados, na Área de Servicios Sociais da Coruña (Concepción Arenal 7-9) para ter coñecemento do

trámite ou documentación que teñen que achegar ó expediente. De non comparecer no prazo indicado, ou se dentro dos 15 días seguintes ó da comparecencia non achegasen a documentación requirida, en virtude do disposto no artigo 16.2º do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo (BOE do 21 de marzo) procederase a suspender cautelarmente o pagamento da pensión.

A Coruña, 20 de outubro de 1998.

Diego Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

PENSIONISTADNINº EXPTE.

BLANCO BARRAL, Mª CARMEN32.576.8091350/I/92

LEIRA NAVEIRA, EMILIA32.550.1171407/I/94

PÉREZ DUARTE, PEDRO76.331.8121769/I/93

SILVERO ZAEHNSDORF, HAYDEE50.281.8691066/J/96

10462