Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 01 de decembro de 1998 Páx. 12.889

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador E.S. OU-16/98 devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, que con esta data resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador por infracción do réxime legal de v.p.o. por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

O acordo de incoación dictado no procedemento sancionador de referencia considérase proposta de resolución de acordo co establecido no artigo 19.2º do Regulamento da potestade sancionadora da Administración, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto), fronte ós que os interesados poderán efectuar alegacións e presenta-los documentos e informes que consideren convenientes no prazo de quince días. Así mesmo, poderán acceder ó contido do expediente ou obter copias dos documentos que figuran nel.

Ourense, 5 de novembro de 1998.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente nº: E.S. OU-16/98.

Presunto responsable: José Manuel da Silva da Cruz.

DNI: 34.945.937.

Último enderezo coñecido: r/La Cuenga, 22, 2ºA. Sampaio. Ribadavia.

Feitos imputados: non dedica-la vivenda de protección oficial, promoción pública, da que é titular, a residencia habitual e permanente.

Precepto sancionador: artigo 5.c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro.

Cualificación da infracción: grave.

Sanción: 100.001 pesetas de multa.

10385