Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 01 de decembro de 1998 Páx. 12.886

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 6 de novembro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada R.P.R. II, a favor de Antonio Fernández Viturro.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993 do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (D0G nº 228, do 21 denovembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: R.P.R. II.

Cultivo: mexillón.

Localización: Muros H, cuadrícula 63.

Data da concesión: 23-10-1959.

Data de finalización da última prórroga: 7-11-2004.

Anterior concesionario: María Viturro Dieste (76.450.535).

Novo titular da concesión e batea: Antonio Fernández Viturro (33.266.942)

Os novos titulares quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 6 de novembro de 1998.

P.D. (Orde do 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

10699