Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 01 de decembro de 1998 Páx. 12.881

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, dá autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 49/1998).

Vista a solicitude para autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se consideran de necesaria expropiación, así como aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Marces (Abegondo).

Liña eléctrica aérea a 20 kV, sobre apoios de formigón (2) e metálicos (1), con conductor LA-56, de 212 m de lonxitude, con orixe na liña Betanzos-Carral (expediente 27209) e final no C.T. Marces, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, sobre apoio de formigón de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 95 e 54 mm Al e 69 m de lonxitude.

A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados,

publicáronse no DOG do 26-6-1998 e no BOP do 14-5-1998, no xornal da Voz de Galicia do día 8-5-1998 e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Abegondo, ó mesmo tempo, notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

Por persoal facultativo desta delegación comprobouse que, a liña ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non incorren nos supostos de prohibición e limitación de constitución de servidume de paso, contemplados no artigo 57 da Lei 54/1997 e artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declara-la utilidade pública destes que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario, ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 8 de outubro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

9667