Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 01 de decembro de 1998 Páx. 12.880

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, dá autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 423/1997).

Vista a solicitude para autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se consideran de necesaria expropiación, así como aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Loureiro (Carral).

Liña eléctrica aérea a 15/20 kV cunha lonxitude de 0,322 km con orixe no apoio nº 7 de L.M.T. Mesón-Carral e final no centro de transformación Loureiro, cunha potencia de 50 kVA 15.000/380-220 V tipo intemperie e unha rede de baixa tensión de 0,015 km de lonxitude con conductor tipo R.Z. e apoios de formigón.

A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 14-7-1998 e no BOP do 18-6-1998, no xornal El Correo Gallego do día 13-6-1998 e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Carral, ó mesmo tempo, notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

Por persoal facultativo desta delegación comprobouse que, a liña ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non incorren nos supostos de prohibición e limitación de constitución de servidume de paso, contemplados no artigo 57 da Lei 54/1997 e artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro sobre autorización e expropiación forzosa

das instalacións eléctricas e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declara-la a utilidade pública destas que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario, ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 8 de outubro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

9663