Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 01 de decembro de 1998 Páx. 12.878

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1998 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de lingüística xeral, do departamento de Traducción, Lingüística e Teoría da Literatura, a María del Carmen Cabeza Pereiro (praza 94/1997).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo, do 5 de novembro de 1997 (BOE do 6 de decembro), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de lingüística xeral, do departamento de Traducción, Lingüística e Teoría da Literatura, a prol de María del Carmen Cabeza Pereiro, con documento nacional de identidade número 36.067.278, e cumprindo a interesada os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María del Carmen Cabeza Pereiro profesora titular de universidade da área de coñecemento de lingüística xeral, do departamento de Traducción, Lingüística e Teoría da Literatura.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 10 de novembro de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

10471