Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 01 de decembro de 1998 Páx. 12.849

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de novembro de 1998 pola que se adscribe con carácter definitivo ó Instituto de Educación Secundaria Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives (Ourense) o profesorado que se relaciona no anexo.

Por Decreto 206/1998, do 25 de xuño de 1998, integrouse no Instituto de Educación Secundaria Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives o Instituto de Formación Profesional da mesma localidade.

Procede agora efectua-la adscrición con carácter definitivo, no Instituto de Educación Secundaria Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives, do profesorado do Instituto de Formación Pofesional da mesma localidade.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Os profesores de ensino secundario e técnicos de formación profesional que se relacionan no anexo desta orde, procedentes do suprimido Instituto de Formación Profesional da Pobra de Trives, quedan adscritos definitivamente ó Instituto de Educación Secundaria Xermán Ancochea Quevedo.

Segundo.-A adscrición a que se refire esta orde non suporá variación nin modificación da situación do profesorado nin dos dereitos que lles corresponden, e os servicios no centro computaranse desde a toma de posesión no instituto de procedencia.

Terceiro.-Nos títulos administrativos dos interesados, a delegación provincial da consellería incluirá dilixencias nas que se faga consta-la posesión no novo instituto.

Cuarto.-A efectividade desta orde será do 15 de setembro de 1998.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

PROFESORADO DE ENSINO SECUNDARIO

APELIDOS E NOMEDNIDISCIPLINA

QUIRUELAS VELA, EMILIA12731757LINGUA CASTELÁ E LITERATURA

SARANDESES ASTRAY CANEDA, Mª JOSE34903214XEOGRAFÍA E HISTORIA

GONZALEZ RODRIGUEZ, SIRA34961371FÍSICA E QUÍMICA

VILLARINO DIEGUEZ, PEDRO34584398DEBUXO

DOPAZO CID, LUIS34595942INGLÉS

OMIL BELOSO, ANTONIO52491890EDUCACIÓN FÍSICA

GOMEZ ALDEGUNDE, LUIS33324911LINGUA E LITERATURA GALEGA

LOPEZ LENZA, MARIA LIDIA33848217ADMINISTRACIÓN DE EMPRESAS

PROL PROL, M. NIEVES34923026ADMINISTRACIÓN DE EMPRESAS

LORENZO RODRIGUEZ, CESAREO34906251SISTEMAS ELECTROTÉCNICOS E A.

ANEXO

PROFESORES TÉCNICOS DE FORMACIÓN

PROFESIONAL

APELIDOS E NOMEDNIDISCIPLINA

ALVAREZ ALVAREZ, JAIME34247356INSTALACIÓNS ELECTROTÉCNICAS

GONZALEZ DOMINGUEZ, CASTOR34917546INSTALACIÓNS ELECTROTÉCNICAS

QUINTAS MARTÍNEZ, BERNARDINO76702047INSTALACIÓNS ELECTROTÉCNICAS

CASTRO RODRÍGUEZ, M. ISABEL76620287PROCESOS COMERCIAIS

PÉREZ RODRÍGUEZ, M. JESUS34909882PROCESOS COMERCIAIS

10502