Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 30 de novembro de 1998 Páx. 12.833

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1998, da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados, pola que se anuncia a contratación da subministración dun guindastre pórtico automotriz.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: subministración.

Descrición do obxecto: un (1) guindastre pórtico automotriz.

División por lotes e número: non existen lotes.

Lugar de entrega: porto pesqueiro de Portonovo (PO).

Prazo de entrega: tres (3) meses contados desde o día seguinte ó da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: corenta e seis millóns de pesetas (46.000.000 de pesetas).

5. Garantías.

Provisional: novecentas vinte mil pesetas (920.000 pesetas).

6. Obtención de documentación e información.

Na Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados (rúa de Sar, 75-15702-Santiago de Compostela; teléfono 981 54 63 04, fax: 981 54 62 90; ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

7. Presentación das ofertas:

Data límite de presentación: ás catorce horas (14) horas do día 12 de xaneiro de 1999.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n -15704- Santiago de Compostela), ou por correo nas formas previstas no artigo 100 do RXCE.

Admisión de variantes: si.

8. Apertura das ofertas.

Na sede da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás 9 horas do día 21 de xaneiro de 1999.

9. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 1998.

Andrés Hermida Trastoy

Director xeral de Estructuras

Pesqueiras e Mercados

10410