Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 27 de novembro de 1998 Páx. 12.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión do 3 de xullo de 1998, aprobou definitivamente os seguintes instrumentos de planeamento, con resolución das alegacións presentadas polos interesados no trámite de exposición pública:

1. Modificación puntual do plan xeral de ordenación urbana no ámbito dos solos urbanizables non programados (SUNPS) número 2 (Salgueiriños), 3 (Cancelas-Mallou), 7 (O Avío), 13 (A Estrada), 15 (Pontepereda) e 16 (Volta do Castro).

2. Plans parciais de ordenación dos SUNPS números 2 (Salgueiriños), 3 (Cancelas-Mallou), 7 (O Avío), 9 (Belvís), 13 (A Estrada), 15 (Pontepereda) e 16 (Volta do Castro).

De conformidade co disposto polo artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia, publicouse o texto íntegro da normativa urbanística dos plans definitivamente aprobados no BOP número 265, do 18 de novembro de 1998.

Contra o acto de aprobación definitiva poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

O planeamento aprobado entra en vigor o mesmo día da publicación deste anuncio no DOG.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 1998.

O alcalde

Rubricado

10782