Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 27 de novembro de 1998 Páx. 12.784

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 1998 pola que se anuncia o concurso, polo procedemento aberto, trámite de urxencia, para a contratación dun sistema de información multimedia para o emprego.

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia: Dirección Xeral de Formación e Colocación.

c) Número de expediente: 43/98.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: elaboración dun sistema de información multimedia para o emprego.

b) Prazo máximo de execución: 1 mes desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 18.000.000 de pesetas (IVE incluído).

5. Garantías:

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación

a) Entidade: Dirección Xeral de Formación e Colocación.

b) Enderezo: San Caetano s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 59 46.

e) Fax: 981 54 56 24.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións, tódolos días laborables, excepto sábados, das 9 ás 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de proposicións:

a) Data límite de presentación: trece (13) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de estaren inscritos no Rexistro de Contratistas, xuntarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

-Enderezo: San Caetano s/n.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición de envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax: 981 54 56 24 ou telegrama, no memo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de proposicións:

a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. De coincidir en sábado, pasará ó seguinte día hábil.

e) Hora: 9.30 horas.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 1998.

P.D. (Orde do 16-12-1997)

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

10757