Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 27 de novembro de 1998 Páx. 12.779

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 2 de novembro de 1998, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00401-O-98 e cinco máis).

Pola presente cédula, notifícanselles ós/ás denunciados/as, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o seguinte á publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda Galega, conta rexistrada de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 de Caixa de Galicia, oficina principal de Pontevedra, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso ordinario dentro do prazo, e de non facelo así, procederase o seu cobro por vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27).

E para que conste e lles sirva de notificación ós/ás denunciados/as, de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra, 2 de novembro de 1998.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-00401-O-98

PO-0425-AF

G.C. Tráfico

Serafín Mouriño Buceta

Xeneralísimo (Mosteiro), 29

36637 Meis (Pontevedra)

Circular transportando saburra (mestura de terra e grava para o asfalto), carecendo de tarxeta de transportes. Arrastra semirremolque matrícula PO-1203-R. Servicio público.

11-3-1998; 16.20; N-553; 2

Art. 90 da

Lei 16/1987

e Art. 41 do

Real decreto

1211/1990

Art. 143

Lei 16/1987

Art. 201

Real decreto

1211/1990

25.000 ptas.
PO-00536-O-98

PO-6569-AL

G.C. Tráfico

Reboreda, S.L.

Ecuador, 45

36203 Vigo (Pontevedra)

Circular transportando mercadorías, carecendo de tarxeta de transportes. Servicio privado, vehículo lixeiro.

30-3-1998; 12.40; A-9; 137,500

Art. 103 da

Lei 16/1987

e Art. 158 do

Real decreto

1211/1990

Art. 143

Lei 16/1987

Art. 201

Real decreto

1211/1990

25.000 ptas.
PO-00592-O-98

PO-6569-AL

G.C. Tráfico

Reboreda, S.L.

Ecuador, 45

36203 Vigo (Pontevedra)

Transportar productos de fumigación, carecendo de tarxeta de transportes. Servicio privado, vehículo lixeiro.

20-4-1998; 19.25; N-541; 84,500

Art. 103 da

Lei 16/1987

e Art. 158 do

Real decreto

1211/1990

Art. 143

Lei 16/1987

Art. 201

Real decreto

1211/1990

25.000 ptas.
PO-01052-O-97

PO-8528-AM

G.C. Tráfico

Eugenio Fural Salazar

Trav. S. Domingos, 8

36700 Tui (Pontevedra)

Realizar un transporte de mercadorías (roupa), carecendo da tarxeta de transportes, servicio privado, vehículo lixeiro.

30-8-1997; 15.10; N-550; 135

Art. 103 da

Lei 16/1987

e Art. 158 do

Real decreto

1211/1990

Art. 143

Lei 16/1987

Art. 201

Real decreto

1211/1990

25.000 ptas.
PO-01232-O-97

SA-0455-K

G.C. Tráfico

Veracierto, S.L.

Avda. Fragoso, 83

36210 Vigo (Pontevedra)

Circular transportando repostería. O vehículo carece de autorización para realiza-lo dito servicio. Servicio privado, vehículo lixeiro.

27-10-1997; 11.35; C-550; 23,100

Art. 103 da

Lei 16/1987

e Art. 158 do

Real decreto

1211/1990

Art. 143

Lei 16/1987

Art. 201

Real decreto

1211/1990

25.000 ptas.
PO-01252-O-97

PO-7704-BF

G.C. Tráfico

Alquiler MYC Norte Sur, S.L.

Avda. de Vigo, 93

36416 Petelos (San Mamede P.) (Pontevedra)

Circular transportando unha carga de entullo no contedor, carecendo da autorización administrativa (tarxeta de transportes). Carece de distintivos de radio de acción. Servicio público.

18-11-1997; 14.50; N-550; 128

Art. 199 b) do

Real decreto

1211/1990

O.M. 25 de outubro

de 1990

Art. 143

Lei 16/1987

Art. 201

Real decreto

1211/1990

20.000 ptas.

10573