De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 20 de outubro de 1997 (BOE do 19 de novembro), para a provisión
da praza de catedrático de universidade da área de coñecemento da didáctica da lingua e a literatura, do departamento de Didáctica da Lingua e a Literatura da Universidade de Santiago de Compostela, a favor de José Manuel Ángel Vez Jeremías e tendo en conta que o interesado cumpre os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro;
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Manuel Ángel Vez Jeremías, catedrático de universidade da área de coñecemento de didáctica da lingua e a literatura, do departamento de Didáctica da Lingua e a Literatura da Universidade de Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 1998.
F. Darío Villanueva Prieto
Rector da Universidade de Santiago de Compostela
10432