Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 26 de novembro de 1998 Páx. 12.737

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEAÑO

ANUNCIO.

De conformidade co disposto nos artigos 48 da Lei 1/97, do 24 de marzo, de solo de Galicia, en concordancia co artigo 8 b) da Lei 7/95, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, e o artigo 70.2º da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, fáise público que o Pleno deste Concello, en sesión ordinaria do 29 de outubro de 1998, prestou aprobación definitiva á modificación puntual nº 3 das normas subsidiarias de planeamento para o municipio de Meaño en Corión, Dena.

Contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse no prazo de dous meses seguintes á última publicación no BOP ou no DOG, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xutiza de Galicia. A interposición deste recurso deberá comunicarse previamente ó órgano que dictou o acto, de corformidade co artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo da interposición daqueles outros que coiden oportunos.

O texto íntegro da devandita modificación publicarase no BOP.

Meaño, 4 de novembro de 1998.

Jorge Domínguez Rosal

Alcalde

10232