Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 26 de novembro de 1998 Páx. 12.730

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Profesional Centro Comercial Plaza do Concello de Bertamiráns O'Ameneiral.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na sección de Mediación,

Arbitraxe e Conciliación (SMAC) desta delegación provincial, foron depositados ás 11 horas do día 4 de novembro de 1998 a acta de constitución e os estatutos da Asociación Profesional Centro Comercial Plaza do Concello de Bertamiráns O'Ameneiral, que teñen os seguintes ámbitos:

Territorial: local.

Profesional: empresarios que desenvolvan a súa actividade no concello de Ames.

Asinan a acta de constitución: Jesús Cardame Beade e tres persoas máis.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 5 de novembro de 1998.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

10545