Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 26 de novembro de 1998 Páx. 12.729

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Interior, pola que se fai pública a resolución do expediente sancionador en materia de xogo P-44/1997.

Expediente sancionador: P-44/97.

Intentada a notificación directa a Antela, S.L., da resolución dictada polo conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais no expediente de referencia, e ó non poder efectuarse esta, resolvín, ó amparo do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia da seguinte:

Resolución:

Primeira.-Sanciona-la empresa operadora Antela, S.L., CIF B36658102, con nº de rexistro P-0403, solidariamente co seu xerente/apoderado Josefa Rodríguez González, con DNI 34.574.593, con multa de cen mil unha pesetas (100.001 pesetas), pola comisión dunha infracción grave das previstas no artigo 29 i) da Lei 14/1985, modificada por Lei 7/1991 e sancionable a través dos artigos 31 e 32 da Lei 14/1985, por ter instalada no local Pulpería O Celtismo do concello de Vigo (Pontevedra), unha máquina recreativa de tipo «B» sen ter na máquina o distintivo-xustificante de pagamento da taxa fiscal de xogo.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante a sala do contencioso-administrativo logo da correspondente comunicación a esta consellería na forma prevista na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956, e no artigo 110 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Comunícaselle ó interesado que ten un prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución, para efectua-lo pagamento dela en período voluntario na conta restrinxida de recadación a favor do Tesouro da Facenda galega, de multas e sancións, nº 311-500-6/0 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de

Pontevedra. De non efectua-lo pagamento dentro do prazo establecido procederase á súa execución por vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 1998.

Alfredo Sánchez Carro

Director xeral de Interior

10184