Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 25 de novembro de 1998 Páx. 12.692

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO do 3 de novembro de 1998 para a convocatoria dunha praza de persoal laboral fixo.

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A., (Turgalicia) anuncia a convocatoria para a contratación laboral fixa da seguinte praza:

A. Posto: secretario/a do conselleiro-delegado (REF. SC-TUR).

1) Funcións principais: labores de secretariado ó servicio do conselleiro-delegado e labores de apoio ós órganos directivos da empresa.

2) Prazas: 1.

3) Requisitos:

FP II ou equivalente.

Dominio de inglés e galego.

Dominio de Word 97, Excel 97 e Access 97.

4) Valorarase:

Coñecemento doutros idiomas.

Currículum vitae.

Dotes de organización.

5) Probas que deberá realizar:

Proba escrita de inglés e galego.

Proba de informática (Word 97, Excel 97, Access 97).

Entrevista.

B. Documentación que deberá presentar:

Solicitude, na que se indique no sobre a referencia, dirixida ó xefe da área económica e de persoal de Turgalicia (estrada Santiago-Noia, Km. 3. A Barcia. 15896 Santiago de Compostela).

Currículum vitae.

Acreditación orixinal dos méritos reflectidos neste. Os títulos obtidos no estranxeiro deberán estar validados en España.

C. Prazo de presentación de solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia

D. Selección:

Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección designado publicará as listas previas de admitidos e excluídos ó proceso.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 1998.

Heriberto Verdes Vilaseca

Director xerente de Turgalicia, S.A.