Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 25 de novembro de 1998 Páx. 12.686

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1998 pola que se anuncia concurso público, con procedemento aberto e mediante tramitación ordinaria, para a contratación da subministración que se cita. (Expediente 27/1998).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 27/1998.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: dotación de infraestructura ós laboratorios docentes de Fisioterapia de Pontevedra - 2 lotes.

b) Número de unidades que se van entregar: as especificadas no prego de cláusulas.

c) División por lotes e número: 2.

d) Lugar de entrega: o que se indique no prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas e no contrato.

e) Prazo de entrega: un mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 6.233.000 ptas. para os dous lotes.

5. Garantías:

Provisional: 2% do importe de licitación para cada lote.

Definitiva: 4% do importe de licitación para cada lote.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Universidade de Vigo - Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Domicilio: r/ Arenal, nº 46-2ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Teléfono: 986 81 35 71.

e) Telefax: 986 81 35 54.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2ª Domicilio: r/ Arenal, nº 46-planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 90 días contados a partir do día seguinte ó da data límite para a recepción de ofertas.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: r/ Areal, nº 46-1ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Data: terceiro día seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións; se este fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil.

e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 18 de novembro de 1998.

P.D. (Resolución 24-6-1998)

Julio Taboada Pérez

Xerente da Universidade de Vigo

10621