Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 25 de novembro de 1998 Páx. 12.680

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 26 de outubro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio da batea A.A. número 9 (Cangas F-52).

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización de acordo co artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servico Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: A.A. nº 9.

Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: Cangas F, cuadrícula nº 52.

Data da concesión: 27-6-1961 (BOE nº 165).

Data na que remata a última prórroga: 12-7-2006.

Anterior concesionario: Mariscos Antepazo, S.L. (B-36.033.074).

Novo titular da concesión: Mariscos Rivas Mar, S.L. (B-36.281.368).

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 26 de outubro de 1998

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG nº 134, do 10 de xullo)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo

10609