Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 25 de novembro de 1998 Páx. 12.674

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución do parque eólico denominado Monte Seixo-Cando. (Expediente IN661A 97/2-4).

Examinado o expediente instruído por instancia do Grupo Auxiliar Metalúrgico, S.A. (Gamesa), con enderezo para efectos de notificacións na Avda. Cruceiro da Coruña, 201 A, 15705 Santiago de Compostela, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Monte Seixo-Cando, resultan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O día 15 de setembro de 1997, Ahmed Moussa Bakri, en nome e representación de Gamesa, solicitou a autorización administrativa das instalacións, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial do parque eólico denominado Monte Seixo-Cando do 24,42 MW, presentando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovable e Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto someteuse a información pública por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, do 25 de setembro de 1997, para os efectos previstos na Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia. A citada resolución foi publicada no Diario Oficial de Galicia, do 27 de outubro de 1997, no Boletín

Oficial do Estado, do 29 de outubro de 1997, no BOP de Pontevedra, do 30 de outubro de 1997, e no diario Faro de Vigo do 30 de outubro de 1997.

Durante o prazo de información pública non se recibiron alegacións.

Terceiro.-O 21 de novembro de 1997, Gamesa, como titular do plan eólico denominado PEE Gamesa, solicitou o recoñecemento como instalación acollida o réxime especial de producción eléctrica, ó amparo do previsto no Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, xa citado, para determinados parques que se implantarán como consecuencia do desenvolvemento do citado plan eólico.

Cuarto.-O 25 de novembro de 1997, a Dirección Xeral de Industria resolveu recoñecerlle-la condición de instalación acollida ó réxime especial de producción eléctrica a determinados parques eólicos que se implantarán como consecuencia do desenvolvemento do plan eólico estratéxico denominado PEE Gamesa, entre os que figura o parque eólico do Monte Seixo-Cando.

Quinto.-O 7 de xullo de 1998, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental acordou aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Sexto.-O 24 de setembro de 1998, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, que ten as seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeMunicipiosVértices

Monte Seixo-CandoForcarei, Cotobade,XY

A Lama

0.549.0004.704.000

0.549.0004.705.000

0.552.0004.708.000

0.554.0004.707.000

0.554.0004.705.000

0.553.0004.704.000

0.552.1004.704.500

0.552.0004.703.000

Nº de aeroxeradores: 37.

Potencia unitaria por aeroxerador: 660 kw.

Potencia total instalada: 24,42 MW.

Altura das torres: 5 m.

Diámetro das pas: 47 m.

Producción estimada: 78.527 MWh/ano.

Investimento previsto: 3.195.800.375 ptas.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre auto

rización de instalacións eléctricas e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Autorizarlle á empresa Gamesa a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Monte Seixo-Cando, a que se situará nos termos municipais da Lama, Cotobade e Forcarei, e aproba-lo proxecto de exección da dita instalación.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Gamesa, para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza por importe de 63.916.007 pesetas, conforme o disposto no artigo 14 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na caixa xeral de depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11, número 3º do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez se fornalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan deberán de realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa, cun orzamento de 3.195.800.375 ptas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a previa autorización da Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicarlle á Dirección Xeral de Industria tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dun ano a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Gamesa no seu plan eólico.

Quinta .-A empresa, como requisito necesario para a aplicación ás instalacións que se autorizan do réxime especial creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, deberá inscribir aquela no Registro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en réxime especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do

14 de xullo), no prazo de 2 meses, contados a partir da data da acta de posta en marcha da instalación. O parque interconectarase co sistema centralizado que polo réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Esta autorización outorgarase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencia e permisos de competencia municipal , provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Sétima.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento do condicionado imposto nesta resolución, así como aquelas que no seu día se emitan conforme ó disposto no punto 4 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia.

Oitava.-A Administración resérvase o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calqueira das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1175/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado desde a súa publicación, conforme co establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

10167