Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 25 de novembro de 1998 Páx. 12.672

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/21-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Endesa.

Domicilio social: Príncipe de Vergara, 187, 28000 Madrid.

Denominación: reforma de liña a 15 kV, central H. Prada-poboado-presa.

Situación: A Veiga.

Descricións técnicas: reforma da liña de transporte de enerxía eléctrica, que queda coas características

seguintes: 15 kV, en conductor tipo LA-56 sobre apoios metálicos. Con orixe na central hidráulica de Prada, sendo de doble circuíto ata o apoio nº 9 (cunha lonxitude de 782 m), continuando en circuíto simple (1.609 m) ata o poboado de Endesa e a presa de Prada.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 19 de outubro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

10245