Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 24 de novembro de 1998 Páx. 12.621

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación urxente, mediante concurso, da subministración de equipamento para radioloxía.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na alínea i) do artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación, polo procedemento aberto e tramitación urxente, mediante concurso, da subministración de equipamento para radioloxía.

1. Obxecto e orzamento.

A subministración de equipamento para radioloxía, por un orzamento máximo de trece millóns de pesetas (13.000.000 de pesetas), IVE incluído.

2. Prazo de entrega.

O material obxecto deste concurso público deberá de ser entregado no prazo dun mes contado a partir da data de notificación de adxudicación.

3. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa s/n, 27004 Lugo. Tfno. 982 29 65 52 e Fax 982 21 29 24.

4. Fianzas.

Deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de duascentas sesenta mil pesetas (260.000 pesetas) e unha fianza definitiva do 4% do orzamento. As devanditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

5. Solvencia económica e financeira.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

6. Solvencia técnica.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

7. Clasificación.

Non se precisa.

8. Criterios de adxudicación.

Cumprimento das características técnicas, ata 5 puntos.

Contrato de mantemento, ata 4 puntos.

Precio, ata 3 puntos.

Posibilidades de ampliación e melloras tecnolóxicas, ata 2 puntos.

Prazo de entrega, ata 1 punto.

9. Admisión de variantes.

Admítense variantes.

10. Presentación de proposicións.

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.

11. Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no

que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

12. Documentación que deberán achega-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Anuncios.

Os anuncios deste concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 16 de outubro de 1998.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo

10212