Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 24 de novembro de 1998 Páx. 12.611

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1998 pola que se dispón a publicación da ampliación da oferta de emprego público do ano 1998 (Resolución do 29 de abril de 1998, DOG do 24 de xuño), do persoal de administración e servicios da Universidade de Santiago de Compostela.

O artigo 18 da Lei 30/1984, de reforma da función pública modificado pola Lei 22/1993, do 29 de decembro, de medidas fiscais, reforma do réxime xurídico da función pública e da protección por desemprego, e 29 da Lei 4/1988, da función pública de Galicia, modificado pola Lei 3/1995, do 10 de abril, establecen que os postos de traballo dotados orzamentariamente que non poidan ser cubertos cos efectivos de persoal existentes constitúen a oferta de emprego público de cada Administración.

Tendo en conta a proposta da xerencia da universidade, unha vez consultados os órganos de representación do persoal funcionario, a ampliación da oferta de emprego público foi aprobada pola Xunta de Goberno e o Consello Social desta universidade, nas súas sesións do 22 e o 30 de setembro respectivamente.

O rector resolve:

En cumprimento do disposto no artigo 146 e seguintes dos estatutos da universidade, no artigo 15 da Lei 22/1993, do 29 de decembro, que modifica o 18 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, e no artigo 7 da Lei 3/1995, do 10 de abril, que modifica o artigo 29 da Lei 4/1988, do 26 de maio, disponse a publicación no Diario Oficial de Galicia da ampliación da oferta de emprego público para 1998 (Resolución do 29 de abril de 1998, DOG do 24 de xuño) do persoal de administración e servicios.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1998.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Ampliación da oferta de emprego. Persoal funcionario. Ano 1998.

Grupo A: escala de técnicos de xestión 1 (OPE).

Grupo B: escala de xestión 1 (OPE).

Grupo C: escala administrativa 1 (OPE).

10723