Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 23 de novembro de 1998 Páx. 12.575

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO LÁCTEO E GANDEIRO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1998 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso, con procedemento aberto e trámite de urxencia, para a subministración de material informático para este instituto.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (ILGG).

Dependencia tramitadora: Secretaría do ILGG.

Número de expediente: concurso 4/1998.

2. Obxecto do contrato:

Descrición do obxecto: adquisición de material informático.

Lotes: tres lotes, un de ordenadores, outro de impresoras e outro dun equipo de impresión de alta capacidade.

Lugar de entrega: nos servicios centrais do ILGG, sitos na Rúa dos Irmandiños, s/n, en Santiago de Compostela.

Prazo de entrega: 15 días naturais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: por concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 21.600.000 pesetas. IVE incluído.

5. Garantías:

Provisional: 432.000 pesetas.

Definitiva: 864.000 pesetas.

6. Obtención de información e documentación:

Entidade: ILGG.

Domicilio: Rúa dos Irmandiños, s/n.

Código postal e localidade: 15704, Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 62 60.

Fax: 981 54 61 91.

Data límite de obtención de documentos e información: o día en que remate o prazo para a presentación de proposicións.

7. Presentación das ofertas:

Data límite: o prazo de presentación rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares que rexe na contratación.

Lugar de presentación: no rexistro do ILGG, sito na Rúa dos Irmandiños, s/n, en Santiago de Compostela (CP 15704). Tamén poden achegarse as proposicións por correo, do xeito previsto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Modelo de presentación: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo obrigatorio para mante-la oferta: 3 meses.

Variantes: admitirase unha variente en cada lote.

8. Apertura das ofertas:

Entidade: ILGG. O acto público celebrarase na sala de xuntas do dito organismo.

Domicilio: Rúa dos Irmandiños, s/n, Santiago de Compostela.

Data: o sexto día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, sempre que non sexa sábado ou festivo, caso no que será o seguinte día hábil.

Hora: ás 13 horas.

9. Documentación de interese para os solicitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse no rexistro do ILGG (Rúa dos Irmandiños, s/n, Santiago de Compostela).

10. Gastos do anuncio: os gastos orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 1998.

Antonio Crespo Iglesias

Director do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia

10507